O REMATE DA CONSTRUCIÓN DA NOVA LONXA SITÚASE NO PRIMEIRO SEMESTRE DE 2015 PDF Imprimir E-mail
Jueves, 14 de Noviembre de 2013 11:20

reunionlonxariveira

O remate dos labores de construción da nova lonxa de Riveira sitúase no primeiro semestre do ano 2015. Así o manifestou o alcalde, Manuel Ruiz, logo da celebración dunha reunión técnica de seguimento desta actuación, con participación de representantes do Portos de Galicia (entre eles, o seu presidente José Juan Durán e os responsables de explotación, operacións e infraestruturas, Sabela Calzadilla, Pedro Urquijo e Ramón Talín) e de preto de medio centenar de integrantes do sector do mar, entre patróna maiores, presidentes de asociacións, usuarios da lonxa, asociación local de empresarios, etc...

O alcalde manifestou que o ritmo de execución dos traballos rexistrou un incremento moi importante nestes últimos meses e que para 2014 está garantida un investimento cercano aos nove millóns de euros, o que permite afirmar que a finalización das obras se sitúe no primeiro semestre de 2015. Así mesmo, explicou que, co fin de que non se dilate a posta en funcionamento da infraestrutura unha vez dea remate a actuación, xa se están a traballar nos trámites necesarios para sacar a concurso público a explotación de distintos conceptos vinculados á infraestrutura.

Neste senso, manifestou que se prevé sacar a concurso no primeiro trimestre de 2014 dous lotes diferenciados: por unha parte, un que se referiría á explotación dos servizos e áreas de restauración e cafetería e, por outra, as naves para usuarios e as zonas comerciais (axencias de seguros, entidades bancarias...). Ruiz Rivas afondou neste último aspecto afirmando que na reunión houbo un gran interese de parte dos asistentes polo que se refire ás áreas dedicadas ás zonas comerciais e departamentos de usuarios, e indicou que o prezo máximo que se manexa para as naves de usuarios é de 76 euros/ano por metro cadrado, aínda que se podería rebaixar.

Finalmente, salientou que, no caso de non atoparse un xestor máis óptimo, o Concello seguiría facéndose cargo da explotación da lonxa propiamente dita, incluíndo subasta, fábrica de xeo, depósito de caixas e oficinas administrativas, ademais das 170 prazas de aparcamento que irían na planta soto.

 
24 PERSOAS INICIAN A SÚA PARTICIPACIÓN NO OBRADOIRO DE EMPREGO TAHUME, COMPARTIDO POR RIVEIRA E PORTO DO SON PDF Imprimir E-mail
Lunes, 04 de Noviembre de 2013 14:19

tahume1

Un total de 24 alumnos (vinte homes e catro mulleres) iniciaron a súa participación no novo obradoiro Tahume: unha iniciativa mixta de emprego e formación cofinanciada pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta que nesta ocasión é compartida polos municipios de Riveira e Porto do Son. Os alcaldes dos dous conccellos, Manuel Ruiz e Luis Oujo, deron a benvida aos alumnos participantes, nun acto de apertura que se celebrou no Centro Cultural Lustres Rivas. Dos 16 alumnos traballadores, dezaseis (dúas mulleres e catorce homes) cursarán a especialidade de “operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización” e oito (dúas mulleres e seis homes) o módulo de “carpintería e moble”.

Tamén principiaron o seu periplo como persoal docente e administrativo unha directora do obradoiro (Sandra Pérez), dous mestres, un titor, un arquitecto técnico e un auxiliar administrativo.

O munícipe riveirense destacou a idoneidade deste tipo de iniciativas para poder obter unha capacitación profesional e, neste sentido, destacou as posibilidades de emprego permitidas aos integrantes dos anteriores obradoiros que houbo en Riveira. Neste sentido, destacou que boa parte dos labores de acondicionamento do propio centro Lustres Rivas foron levados a cabo polos membros da última escola taller, denominada Vionta. Ruiz Rivas referiuse aos beneficios que obtén a propia sociedade con esta acción e destacou especialmente dúas actuacións que se van acometer en Riveira nestes seis meses. Por unha parte, a continuidade da construción do Centro Social de Carreira que comezaran os alumnos do obradoiro Vionta e, por outra, a dotación de máis pasarelas de madeira a zona da praia da Catía próxima ao entorno do río Listres.

Luis Oujo incidiu pola súa parte en que en que esta é unha das distintas vías de colaboración nas que están a traballar os dous Concellos e destacou como actuación principal no seu municipio as obras de pavimentación que se teñen previsto realizar en Outeiro: un lugar que, segundo afirmou o rexedor, constitúe o núcleo orixinal onde que naceu Porto do Son. Tamén se referiu a outras accións das que se beneficiarán os veciños, como a construción de xardineiras e outros elementos. Finalmente, os dous alcaldes quixeron desexar unha frutífera experiencia aos alumnos-traballadores, que lles poida abrir a porta a acadar novas oportunidades de emprego.

tahume2

 
RIVEIRA VAI SER A CAPITAL GALEGA DA MOCIDADE COA CELEBRACIÓN DUN CONGRESO INTERNACIONAL DE XUVENTUDE PDF Imprimir E-mail
Martes, 15 de Octubre de 2013 11:15

congresoxuventude

Riveira vaise converter na capital galega da mocidade, grazas á celebración do Congreso Internacional de Xuventude, que terá lugar os próximos 25 e 26 de outubro, co obxectivo de explorar as posibilidades que ofrece a educación non formal, na hora de adquirir coñecementos, habilidades e aptitudes que aumenten as posibilidades de empregabilidade dos mozos e mozas.

Este congreso, que conta con 400 prazas, está aberto a membros de entidades xuvenís; emprendedores; técnicos e concelleiros de xuventude; animadores socioculturais; profesores e a mozos e mozas en xeral que estean interesados nesta materia. As inscricións deberán realizaranse antes do martes 22 de outubro a través dun formulario dixital que está colgado no portal xuventude.net.

O programa está dividido en catro grandes zonas: no auditorio municipal, nunha carpa instalada na avenida do Malecón, no salón de actos da Casa do Mar e en diversos locais e rúas da vila.

No auditorio é onde terán lugar as conferencias, mesas redondas e obradoiros, que constitúen o groso deste evento. Nas mesmas cómpre destacar a súa óptica participativa e a vocación internacional dos poñentes, tales como Alejo Ramírez, que é o secretario xeral da Organización Iberoamericana da Xuventude; Manuel Barros, director rexional do Instituto Portugués da Xuventude; Leo Kaserer e Silvia Crocitta, embaixadores dos programas europeos desta materia; Manuel Souto, profesor da Universidade de Bath, no Reino Unido; Roser Battle, pedagoga do centro promotor de aprendizaxe-servizo de Cataluña; ou Pascal Lejeune, xefe da unidade de Xuventude da Comisión Europea.

Ademais desta parte máis teórica, o congreso tamén contará cunha serie de actividades de carácter máis práctico, como o Brain-Spa, onde se mostrarán a través de 20 diapositivas ilustrativas exemplos de boas prácticas en materia de Xuventude, para ser con posterioridade debatidas polos participantes; os obradoiros de comunicación, coaching e redes sociais; ou os relatorios de experiencias xuvenís. Estes últimos terán lugar na Casa do Mar e teñen como obxectivo mostrar as iniciativas e proxectos de mocidade máis destacados postos en marcha polos mozos e mozas galegos, tanto a través de asociacións xuvenís como de asociacións informais

De xeito paralelo, na avenida do Malecón estará instalada unha gran carpa que acollerá a exposición do traballo que desenvolven máis de 40 entidades xuvenís de toda Galicia. O congreso contará cun programa de animación paralelo, que, ademais, ven a incidir na mesma filosofía: mostrar a iniciativa da mocidade e a súa capacidade de innovar e de crear.

Por último, as rúas e prazas de Riveira acollerán actuacións dos grupos musicais finalistas do certame de creatividade xuvenil ‘Xuventude Crea’, exhibicións de Grafitti, teatro de rúa ou unha mostra de cultura urbana.

 
A SOCIEDADE DE RIVEIRA HOMENAXEOU A AMBAR, EXPÓSITO, TVG, ADEJE E RAMIRO CARREGAL NO ACTO DE ENTREGA DOS PREMIOS DO CONCELLO PDF Imprimir E-mail
Domingo, 21 de Julio de 2013 12:45

fotodegrupopremiosconcello

Representantes da vida social, empresarial e política do municipio asistiron na noite de onte á décimo quinta edición da Gala dos Premios Concello de Riveira: un acto co que a Corporación Municipal, coa colaboración da Asociación de Amas de Casa, quixo agradecer e distinguir un ano más o labor realizado por distintas persoas ou institucions cara ao progreso social, económico ou cultural do municipio barbanzán.

Cinco foron as categorías convocadas, dúas máis que en convocatorias anteriores: Labor Social, Cultura, Traballo Exemplar, Amizade e Toda Unha Vida. O acto, desenvolvido no restaurante Baiuca e que reuniu a uns 150 participantes, comezou coa actuación do grupo de baile Aires de Dorna, para dar paso a continuación á entrega das distincións.

A primeira categoría foi a de Labor Social, que recaeu na Asociación Ambar. A presidenta desta entidade, Milagros Rey -quen recolleu de mans da deputada autonómica Herminia Pouso a nova escultura creada polo artista local Jontxu Argibay que simboliza estes recoñecementos-, salientou o papel das empresas, voluntarios, particulares, familias, concellos da comarca e traballadores que, dun ou de outro xeito, axudan a que esta institución nacida hai case 31 anos para propiciar a integración das persoas con diversidade funcional poida cumprir os seus obxectivos.

A continuación tocoulle o turno á modalidade de Cultura, que nesta ocasión foi para Javier Expósito Paradela, avogado noiés artífice da creación do Museo do Gravado de Artes, que alberga unha das coleccións de estampas máis importantes de Europa. Javier Expósito, quen recibiu a estatuiña do deputado autonómico Santiago Freire, postulouse como un defensor dos pequenos municipios, o que lle levou a crear no concello de Riveira este museo a pesar de ter recibido ofrecementos dalgunhas capitais. Así mesmo, manifestou a súa aposta de que a xuventude de Barbanza se achegue ao mundo da arte a través desta instalación cultural que o próximo 24 de xullo cumprirá doce anos de funcionamento.

Outra das categorías tradicionais é a de Traballo Exemplar, na que este ano se recoñeceu á Televisión de Galicia polo seu programa Luar. A directora desta canle autonómica, Rosa Vilas, recolleu o galardón entregado polo senador José Luis Torres Colomer. Vilas destacou a vocación do espazo que presenta Xosé Ramón Gayoso –líder de audiencia dende hai moitísimos anos- para dar a coñecer o talento dunha morea de xente nova do mundo da música, o baile ou a interpretación e salientou a vocación de servizo público da TVG.

Acto seguido deuse paso a un premio de nova creación: á Amizade, que nesta súa primeira edición recaeu no municipio canario de Adeje, co que o concello de Riveira está irmanado dende hai unha década, ratificando uns vínculos que se remontan a principios da década dos noventa. O alcalde José Miguel Rodríguez Fraga acudiu expresamente a Galicia para recoller a distinción, que lle foi entregada pola presidenta da Asociación de Amas de Casa Magdalena Bringas. O rexedor canario manifestou que as relacións entre ambos territorios non se circunscriben ao ámbito institucional senón que teñen trascendido estes límites, aunando os lazos de encontro e fraternidade entre “dos pueblos que comparten también el dolor y la dureza de tener que alejarse a veces de su territorio”.

O último dos galardóns tivo carácter excepcional e foi outorgado polo alcalde Manuel Ruiz a Ramiro Carregal Rey na categoría especial de Toda Unha Vida. O que tamén é fillo adoptivo de Riveira resumiu sucintamente na súa intervención o seu historial persoal e profesional e foi moi expresivo á hora de explicar por que escolleu residir neste municipio: “Me preguntan cómo, habiendo residido en el extranjero en grandes ciudades, me quedé en un lugar como Riveira. Y contesto: porque en las grandes ciudades había grandes casas y en Riveira tenía grandes amigos. Y escogí a los grandes amigos antes que a las grandes casas”. Tamén referiu a súa consideración de arousán cen por cen ao ter nacido na marxe esquerda e residir na marxe dereita da “ría más bonita del mundo”. Este galardón suma o número 44 do presidente de Frinsa.

Antes de finalizar, Magdalena Bringas felicitou encarecidamente a todos os premiados, mentres que Manuel Ruiz subliñou na última intervención que cada un dos galardoados ten algo co que Riveira se sinte identificado: o duro traballo de Ambar para acadar unha sociedade máis igualitaria; o mérito de Javier Expósito de que outros lugares do mundo trabasen coñecemento do noso municipio grazas ás coleccións desprazadas dende o Museo de Artes; a capacidade de Luar de manter a atención de moitísimos veciños; a amizade que distingue a pous pobos como Riveira e Adeje; ou o papel de Ramiro Carregal no progreso do concello, non só pola importancia da súa empresa e os moitos postos de traballo que xera, senón tamén pola súa axuda a moitísimas asociacións e entidades de carácter social, humanitario, cultural e deportivo.

Unha vez rematado o evento, que estivo conducido pola xornalista Ana Paz, principiaría unha cea homenaxe que contou coa participación entre outras moitas autoridades e asistentes dos alcaldes de Pobra, Boiro e Porto do Son, o presidente da Asociación Local de Empresarios, os patróns maiores de Riveira e Aguiño, ou representantes de asociacións como Cáritas, Cruz Vermella ou Renacer.

asistentespremiosconcello

 

 
O ESCRITOR BARBANCÉS DAVID PÉREZ GONZÁLEZ, GAÑADOR DA CUARTA EDICIÓN DO CONCURSO DE NOVELA CURTA CIDADE CENTENARIA DE RIVEIRA PDF Imprimir E-mail
Lunes, 08 de Julio de 2013 13:57

davidpobra

David Pérez González –coñecido literariamente como David Pobra en alusión ao concello no que naceu- é o gañador da cuarta edición do Concurso de Novela Curta Cidade Centenaria de Riveira. Así o deu a coñecer o secretario do xurado, José Antonio Otero, nun acto celebrado no salón de plenos da Casa Consistorial, na que o escritor foi agraciado co diploma conmemorativo e o cheque de 3.000 euros con que se distingue este concurso literario, ademais da próxima publicación da obra na editorial Xerais. O título da novela, “A liña azul”.

David Pérez González tivo palabras de agradecemento ao Concello de Riveira por convocar este certame e aos membros do xurado por escoller a súa obra. Afirmou que para el este é un premio especial xa que parte da súa familia (incluíndo a súa nai) procede de Palmeira e isto de feito se reflicte na propia novela. David Pobra leu no transcurso do acto un pequeno fragmento da mesma.

O alcalde Manuel Ruiz expresou a súa satisfacción por que o vencedor desta cuarta edición procedese da comarca e tivese vínculos co municipio de Riveira, e animou ao autor a proseguir polo camiño de literatura, habida conta da calidade demostrada ao ser escollido por un prestixioso seleccionado entre un alto número de obras presentadas (23).

Entre as persoas presentes neste acto (que tamén contou coas notas musicais da alumna de piano do Conservatorio Profesional de Riveira Michelle Pena) figuraban dous dos membros do xurado: María Goretti Fariña, gañadora do último premio de novela curta con “Orlando Pendurado”, e Cipriano Fernández, escritor e profesor.

O xurado tamén estivo composto por Manuel Bragado, editor de Xeráis, e Alicia Padín, responsable do Servizo de Normalización Lingüística de Riveira. Actuou como secretario o arquiveiro municipal José Antonio Otero, quen ao dar lectura da acta destacou non só a cantidade senón tamén a calidade das obras presentadas, que ían dende a prosa poética ata a tradición oral, relatos de intriga, policía ou xuvenil.

 
ABRE O CENTRO CULTURAL LUSTRES RIVAS PARA SER UN NEXO DE UNIÓN DOS VECIÑOS DE RIVEIRA PDF Imprimir E-mail
Martes, 04 de Junio de 2013 18:44

lustresrivas2

Riveira conta cunha nova instalación municipal: o Centro Cultural Lustres Rivas, espazo inaugurado esta mañá polo alcalde Manuel Ruiz nun multitudinario acto que contou coa asistencia de boa parte da dos representantes da vida social do municipio. A apertura da mostra de gravados “Os Caprichos de Goya de Dalí” foi o evento seleccionado polo Concello para abrir este novo espazo cultural que, ademais dunha sala de exposicións, tamén conta cun salón de actos con capacidade para 70 persoas, unha sala de reunións, oficinas para os traballadores da Concellería de Cultura e, por suposto, a Biblioteca Pública Municipal.

Manuel Ruiz explicou durante a súa intervención que co nome da instalación cultural, aprobado unanimemente en pleno, se quixo recoñecer a un ilustre riveirense (o xornalista Manuel Lustres Rivas, quen fora represaliado en 1936 ao pouco de comezar a Guerra Civil) e expresou a súa confianza en que esta dependencia sirva de nexo de unión de todo o pobo. O rexedor municipal salientou a importancia de que dende o Concello se invista en cultura e afirmou a este respecto que cando se está traballando a favor da cultura se está traballando a favor da igualdade das persoas e dunha sociedade mellor. “O que realmente sae caro é a ignorancia”, apostillou. Por último, loou o labor realizado polos alumnos do obradoiro de emprego Vionta, que foron os que acondicionaron este espazo a través dos módulos de carpintería e albanelería.

Tamen interviu no acto inaugural Javier Expósito, vicepresidente da Fundación do Gravado de Artes e propietario da colección de gravados, quen informou que a última vez que saíran estas obras dos depósitos do museo de Artes foi a petición da Comunidade de Madrid e nos dous meses en que estivo exposta rexistrou 35.000 visitas. Con anterioridade estivera na localidade mexicana de Mérida, onde tamén foi acollida con gran éxito.

A serie Los Caprichos de Goya de Dalí (1973-1977) componse de 80 estampas en augaforte e augatinta creadas sobre Los Caprichos de Goya de 1799. Dalí engade cor ás súas liñas e incorpora, por medio do heliogravado, elementos propios facilmente distinguibles dos trazos orixinais. Intervén nas pranchas orixinais  asinando en paralelo con Goya o cal supón que Dalí recoñece a autoridade e autoría do xenio aragonés. Tamén cambia os títulos ou xoga coas palabras que os compoñen, afondando na crítica ou facéndoa máis contemporánea.

A mostra estará aberta ata o 12 de xullo.

lustresrivas1

 
O PRESIDENTE DA XUNTA VISITA O COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO CON MOTIVO DO DÍA EUROPEO DOS PARQUES PDF Imprimir E-mail
Domingo, 02 de Junio de 2013 13:52

feijoopasarelavilar

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, visitou o centro de interpretación do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán con motivo da conmemoración do Día Europeo dos Parques.

O mandatario autonómico estivo acompañado do conselleiro de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e doutros representantes da Xunta. Tampouco faltou o alcalde de Riveira, Manuel Ruiz Rivas, nin o senador José Luis Torres Colomer.

Ademais de visitar as instalacións do CIELGA (Centro de Interpretación dos Ecosistemas Litorais de Galicia), a comitiva tivo ocasión de pasear polas pasarelas do entorno da praia do Vilar e observar os traballos efectuados por un grupo de rapaces do CEIP O Grupo de Riveira que tamén acudira ao recinto natural para aprender a amar e conservar a natureza.

feijoocielga

 
RIVEIRA ACOLLERÁ A ÚLTIMA ETAPA DA VOLTA CICLISTA Á PROVINCIA DA CORUÑA PDF Imprimir E-mail
Miércoles, 22 de Mayo de 2013 15:12

voltacoruna

O presidente da Deputación da Coruña presentou em Riveira unha nova edición da Volta Ciclista á Provincia, que este ano pasará por 17 concellos e que percorrerá 370 quilómetros. Durante a presentación estivo acompañado polo alcalde de Riveira e deputado provincial, Manuel Ruíz Rivas, e mais polo presidente e o xerente da Federación Galega de Ciclismo, Manuel Tallón e Ricardo Terceiro, respectivamente.

Correspondeu a este último, como representante da entidade que organiza a Volta co financiamento da Deputación, explicar as características do percorrido ante un público no que tamén estaban presentes membros e directivos dos clubes galegos que tomarán parte na proba, ademais de alcaldes e concelleiros dos concellos por onde pasará a Volta. Segundo relatou, esta XII edición da proba ciclista contará coa presenza de 15 equipos, seis deles galegos, e terá lugar o próximo fin de semana, coa etapa Padrón-Negreira o día 24; Rois-Rois o día 25; e Riveira-Riveira o domingo 26.

Durante a súa intervención, Diego Calvo salientou o feito de que, ano tras ano, esta proba conta con máis participantes, á vez que agradeceu o traballo dos organizadores e a colaboración dos concellos polos que pasa o evento.

A primeira das etapas desta edición celebrarase o 24 de maio facendo un recorrido entre Padrón-Negreira con paso polos concellos de Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, Pobra, Riveira, Brión, Ames, Negreira, A Baña. O día seguinte, o 25 de maio, a etapa Rois-Rois que pasará polos municipios de Rois, Padrón, Brión, Ames, Val do Dubra, Santa Comba, A Baña, Negreira. A última fase, a denominada Riveira-Riveira, levará ao pelotón polos concellos de Ribeira, A Pobra, Boiro, Lousame, Noia, Outes e Porto do Son.

Os clubes participantes serán quince, seis deles galegos: Club Ciclista Vigués, o Supermercados Froiz, o Clube Ciclista Padrón, o Clube Ciclista Rías Baixas de Nigrán, o Clube  Ciclista Cambre,  o Clube Ciclista Spol Concello de Porriño. Ademais, participarán equipos de Rusia, Extremadura, Alcoi, Portugal, Cantabria, Valladolid, a selección arxentina e o da Deputación de León.

 
UNHA COMPLETA EXPOSICIÓN NO MUSEO DO GRAVADO DE ARTES PERCORRE A TRAXECTORIA CREATIVA DO MESTRE MANUEL AYASO PDF Imprimir E-mail
Domingo, 19 de Mayo de 2013 09:10

inauguracionartesmanuelayaso

O Museo do Gravado de Artes dda cabida a unha exposición dedicada a un dos máis prestixiosos creadores do municipio riveirense da época actual: Manuel Ayaso. A mostra, que se distribúe pola salas 1 e 2 do museo, está integrada por un total de 85 estampas realizadas polo autor ao longo da súa dilatada e prolífica carreira (parte das pezas amosadas remóntanse ás décadas dos sesenta e setenta). Tamén se exhiben 42 planchas, a maior parte delas de cobre, e un libro ilustrado onde se recollen textos e debuxos do homenaxeado.

Amén do artista, o acto inaugural contou coa participación do presidente e do vicepresidente da Fundación Museo de Artes –Manuel Ruiz e Javier Expósito- e do decano da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela -Juan Monterroso-, así como coa asistencia de autoridades (os concelleiros de Riveira Maricarmen Vizcaya, Anxo Orellán e Antonio Freire, a edil da Pobra Encarna González...), colegas do mundo da arte (Pastor Rodríguez, Jontxu Argibay...) e público en xeral que quixo arroupar coa súa nutrida presenza ao creador nacido en Aguiño o 1 de xaneiro de 1934.

No acto e apertura, Manuel Ayaso manifestou que este é un día moi especial para el e subliñou o que significa para el o mundo da infancia a nivel creativo e a importancia que ten disfrutar cando un traballa. Así mesmo,  expresou o desexo de poder vivir “un par de anos máis para poder facer cousas aínda mellores que estas”.

Pola súa parte, Manuel Ruiz declarou que en Riveira “debemos comezar a presumir de moitas cousas importantes que temos, e unha desas cousas importantes é Manuel, cuxas raíces tanto pictóricas como doutras clases siguen estando aquí, en Aguiño”. Ademais, ensalzou o estilo propio e perfectamente identificable do autor.

Javier Expósito lembrou que a mostra de hoxe adscríbese á serie de exposicións “Homenaxe á Gravadores Galegos” que o Museo de Artes puxo en marcha por primeira vez en 2012 cunha retrospectiva dedicada a Manuel Facal. Tamén explicou que estaba previsto que fose Manuel Ayaso quen abrise esta iniciativa, pero que por cuestións relacionadas coa saúde de Facal decidiuse cambiar o programa.

Juan Monterroso salientou que se ben a maioría dos ismos xa foron superados e desapareceron co tempo, o surrealismo, que impregna toda a obra de Ayaso, sigue pervivindo permanentemente grazas ao labor de artistas como o de Aguiño.

Manuel Ayaso naceu en Aguiño o1 de xaneiro de 1934, moi pronto tivo que emigrar os Estados Unidos, pero a afección á pintura xa a levaba dentro. Unha vez asentado noutro lado do Atlántico reiniciou os seus estudos e co tempo fíxose merecedor dunha bolsa para completar a sua formación no prestixioso Newark School of Fine and Industrial Arts. No 1959 ven a España para empaparse dos clásicos da nosa pintura no museo do Prado e en particular das salas dedicadas a Goya. Neste momento na súa pintura quedará a pegada mais pesimista do artista aragonés cuxas series “Pinturas Negras”, “Os Disparates” e “Os Caprichos” serviranlle como fonte de inspiración.  Manuel Ayaso está considerado como unha das figuras máis relevantes da pintura dos Estados Unidos e exhibe a súas obras  nos museos mais importantes do seu país de residencia.

vistamuestramanuelayaso

 
MULTITUDINARIO RECIBIMENTO EN RIVEIRA A VICENTE DEL BOSQUE CON MOTIVO DA SÚA CONDECORACIÓN POLO NATURAL SPORT PDF Imprimir E-mail
Miércoles, 01 de Mayo de 2013 10:04
Case mil nenos e nenas pertencentes aos clubs deportivos de Riveira asistiron no pavillón de A Fieiteira ao acto no que o club Natural Sport condecorou ao adestrador nacional de fútbol Vicente del Bosque coa súa insignia de ouro e brillantes. O técnico salmantino fixo gala da bonhomía que o caracteriza e aínda tivo tempo de aleccionar ao público asistente cuns cantos sabios consellos e resaltar a importancia da educación para a formación do ser humano. Del Bosque -quen ademais da insignia do Natural tamén recibiu o cinturón negro honorífico da Federación Galega de Taekwondo e unha réplica do faro de Corrubedo de parte do Concello- puido visitar previamente algúns dos rincóns turísticos do municipio, en compaña do alcalde Manuel Ruiz e doutros persoeiros do mundo do deporte, como Gabriel Masfurroll e Paula García Villora.

recibimentodelbosque
masfurroll
insignianatural
obsequioconcellodelbosquedelbosqueconamicos
 
O CONCELLO DE RIVEIRA FORMALIZA CON COSTAS DE GALICIA A DESAFECTACIÓN DE MÁIS DE 22.700 METROS CADRADOS EN BANDOURRÍO PDF Imprimir E-mail
Sábado, 27 de Abril de 2013 09:39

desafectacionbandaourrio

O Concello de Riveira e a Demarcación de Costas de Galicia veñen de formalizar a desafectación dun total de 22.772 metros cadrados na zona de Bandaourrío e O Touro. O alcalde de Riveira, Manuel Ruiz Rivas, e o xefe de Demarcación de Costas de Galicia, Rafael Eimil Apenela, rubricaron no Consistorio local este acordo, en virtude do cal os terreos obxecto da desafectación, ata agora de dominio público marítimo-terrestre, pasan a ser de titularidade municipal, dando así recoñecemento a unha resolución gobernamental que data 1977 pero que nunca chegara a surtir efecto.

A formalización deste acordo supón un paso decisivo á hora de avanzar na transformación da fisionomía da cidade e da súa fachada marítima, xa que se van ver beneficiados importantes proxectos que figuran na axenda do Goberno Municipal.

Un deses proxectos é a próxima construción do Paseo Marítimo-Terrestre do Borde Litoral de Riveira entre Santa Uxía de Riveira e Área Secada: unha iniciativa incluída no macroproxecto Riveira Atlántica que supón unha inversión de 841.815,77 euros.

Ademais, hai que recordar que o Executivo está a traballar como proxecto a longo prazo na posible creación dunha gran praza pública de 6.000 metros cadrados e dun aparcamento subterráneo na zona en que se asenta o antigo Mercado Municipal devido en Auditorio, solar incluído parcialmente no espazo obxecto de desafectación.

O acordo formalizad dá recoñecemento a unha resolución ditada polo Consello de Ministros no ano 1977 (concretamente, o 17 de xuño) que, con motivo da construción polo Concello dun paseo marítimo entre o porto e a zona de O Touro, xa recoñecía a cesión do dominio público afectado. 

Sen embargo, as convulsións propias daquela época impediron que este trámite se chegara a formalizar, razón pola cal, unha tivo coñecemento deste particular, Ruiz Rivas decidiu retomar este asunto e efectuar as xestións oportunas en orde á súa materialización.

Hai que dicir que a resolución do Consello de Ministros abarcaba un total de 30.358 metros cadrados, pero que 7.586 foron transferidos a Portos de Galicia coa chegada do Estado das Autonomías. O Concello de Riveira está igualmente en xestións coa Administración galega para que estes 7.586 metros cadros tamén revertan no Concello.

O Concello quere agradecer á Demarcación de Costas de Galicia a súa boa disposición para facilitar un acordo que reviste unha enorme importancia na consecución dos obxectivos municipais.

 
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Próximo > Fin >>

Página 1 de 26
purchase office 2003 student best price adobe acrobat x pro buying dreamweaver 8 best price microsoft office student buy adobe creative suite 4 master collection mac buying windows 7 student copy purchase autosketch 10 cheap adobe dreamweaver cs6 cost of microsoft office 2013 volume licensing windows 7 discount uk buy symantec pcanywhere 12.1 discount microsoft works 4.0 best price final cut pro 5 buy pdf converter buy 2003 server license cost of office 2010 professional cheap adobe captivate 4 software rosetta stone polish buy cheap mathcad 13 discount photoshop cs2 mac